viernes 16 de marzo de 2012

40 años de acción humanitaria - Médicos Sin Fronteras




La acción humanitaria es un gesto de sociedad civil a sociedad civil, de persona a persona, cuya finalidad es preservar la vida y aliviar el sufrimiento. A diferencia de otros tipos de ayuda, no aspira a transformar una sociedad sino a superar un periodo crítico. Su compromiso es con las personas, no con los Estados.
Para MSF, la independencia, la imparcialidad y la neutralidad son principios básicos. Ponemos la acción médica en primer lugar, pero también asumimos riesgos, confrontamos el poder y nos posicionamos públicamente como medio para provocar cambios.
Desde hace 40 años, nuestra acción se basa en la transparencia, la profesionalidad, la innovación médica y la confianza de más de 5 millones de personas en todo el mundo que comparten nuestras ideas.
   
Hechos que han escrito nuestra historia

1969-70 Guerra en Biafra
El acontecimiento considerado fundador de la ayuda humanitaria contemporánea. Por primera vez, algunos miembros de la ayuda internacional deciden informar a la opinión pública sobre la situación de la población. Nace la idea de crear un organismo médico especializado en ayuda de emergencia en guerras y catástrofes naturales.

1975 Refugiados camboyanos
Primera intervención a gran escala de Médicos Sin Fronteras para asistir a los camboyanos que se agolpan en las fronteras y buscan refugio en los países vecinos, huyendo del régimen de los jemeres rojos y, posteriormente, de la guerra con Vietnam.

2011 Violaciones masivas en la República Democrática del Congo
Desde 1994, los congoleños sufren un conflicto que ha sembrado el caos y la violencia en el este del país. MSF, presente desde 1981, ofrece tratamiento médico y psicológico a cientos de víctimas de violaciones por parte de grupos armados.

jueves 8 de marzo de 2012

AMNISTÍA INTERNACIONAL - calcetíns


Se tiveses que deixar o teu país e só puideses levar unha cousa contigo, que levarías?

Esta foi a pregunta que Amnistía Internacional realizou a migrantes mexicanos que buscan unha vida mellor alén da fronteira, en EE.UU, e “Calcetíns” foi a resposta dada pola maioría deles.
Cruzan o país enfrontándose a diversos perigos: noites á intemperie, atracos, secuestros... Con todo, unha das cousas máis valoradas para poder conseguir o seu obxectivo son un bo par de calcetíns.
Por que Calcetíns? A resposta é sinxela. Trátase de elementos de pouco valor que non lles pon en risco de roubo ou secuestro durante a súa viaxe e que ademais serían absolutamente necesarios para protexer os seus pés durante as longas camiñadas, que pode chegar a ser de centos de quilómetros. Calquera tipo de infección derivada das bochas que xorden inevitablemente deste tipo de traxectos pode significar un paro no seu camiño ou o fin do seu soño, polo que esta simple peza téxtil pode axudarlles a conseguilo.

Como podes colaborar?

Podes enviar desde casa un par de calcetíns ou facer unha compra online para que a oficina de Amnistía Internacional encárguese de envialos a un albergue de migrantes.

Información campaña: http://www.mandacalcetines.org


martes 6 de marzo de 2012

Día Internacional da Muller Traballadora


Xa son 101 anos celebrando o "Día Internacional da Muller Traballadora". Un día que non debe servir soamente  para "felicitar" a aquelas que traballan durante todo o ano. Moi ao contrario, debe tratarse como unha ocasión especial para reflexionar sobre os avances conseguidos e cambios necesarios para igualar a figura da muller e do home no ámbito laboral.
Desde 1911 que tivo lugar o  tráxico incendio da fábrica Triangle (punto de partida deste día) na cidade de Nova York, nas celebracións posteriores a loita da muller comezou a facer referencia ás condicións de traballo como unha clara crítica ao desastre de N.Y.


jueves 19 de enero de 2012

I Guerra Mundial


Henry John "Harry" Patch, falecido en xullo de 2009, foi o último sobrevivente da Primeira Guerra Mundial. Na súa honra, o grupo Radiohead escribiu unha canción que vén dicir...



Son o único que logrou sobrevivir
Os outros morreron cando caeron
Ante unha emboscada
Viñeron de todos lados
Dádelles aos vosos líderes armas e deixade
Que eles combatan por se mesmos
Vin demos levantarse do chan
Vin o inferno na mesma terra
O próximo serán químicos,
pero eles nunca aprenderán.

lunes 16 de enero de 2012

Manuel Fraga Iribarne 1922- 2012


Un dos pais da Constitución de 1978, fundador de Alianza Popular e ministro de Información e Turismo con Francisco Franco, Fraga promoveu a legalización de asociacións e partidos políticos e impulsou a primeira Lei de Prensa e a actual rede de paradores de España. A maior parte do seu quefacer político transcorreu en Galicia, comunidade que chegou a gobernar con maioría absoluta até 2005, data en que regresou a Madrid para ocupar, poucos meses despois, un escano na Cámara Alta como senador por designación autonómica. Doutor en Dereito, Ciencias Políticas e Económicas, letrado das Cortes e diplomático.


lunes 19 de diciembre de 2011

viernes 9 de diciembre de 2011

Pearl Harbor


70 anos do ataque a Pearl Harbor


O 7 de decembro de 1941 a aviación xaponesa atacou por sorpresa a base naval de Pearl Harbor en Hawaii, onde se concentraba a frota de guerra norteamericana do Pacífico.
Os buques de guerra ancorados no porto foron doado branco para os aproximadamente 360 avións de guerra xaponeses que participaron no ataque. Os norteamericanos sufriron 3400 baixas con 2300 mortes. O ataque danou seriamente o poder naval e aéreo norteamericano no Pacífico.
Non obstante, esta agresión galvanizou ao pobo norteamericano e Roosevelt conseguiu que ao día seguinte, o 8 de decembro de 1941, o Congreso aprobase a declaración de guerra contra Xapón.
A falta de previsión das autoridades militares ante un eventual ataque provocou duras críticas naquel momento. E mesmo algúns historiadores suxeriron que Roosevelt coñecía o ataque e non fixo nada por impedilo para así meter a Estados Unidos na guerra. A maioría pensa actualmente que, se ben os militares norteamericanos eran conscientes da probabilidade dun ataque xaponés, non sabían con exactitude o cando e o onde.