jueves, 5 de marzo de 2009

O Día Internacional da Muller Traballadora

O Día Internacional da Muller Traballadora ou tamén Día Internacional da Muller celébrase o día 8 de marzo e está recoñecido polas Nacións Unidas. Neste día conmemórase a loita da muller pola súa participación, en pé de igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento integro como persoa. É festa nacional nalgúns países e é conmemorada por Nacións Unidas.
A idea dun día internacional da muller xurdiu ao final do século XIX en plena revolución industrial e auxe do movemento obreiro. A celebración recolle unha loita xa emprendida na antiga Grecia por Lisístrata, quen empezou unha folga sexual contra os homes para pór fin á guerra, e reflectida na Revolución Francesa, as parisienses que pedían "liberdade, igualdade e fraternidad" marcharon cara a Versalles para esixir o sufraxio feminino, pero non foi ata os primeiros anos do século XX cando se comezou a proclamar, desde diferentes internacionais de esquerda, a celebración dunha xornada de loita específica para a muller e os seus dereitos.
Lembra
O día non é para celebracións. Este día é para conmemoracións e dar ás mulleres o respecto e a igualdade que se merecen. A situación da muller avanzou de forma moi significativa, con todo, aínda quedan moitas cousas por facer para que a igualdade sexa completa entre homes e mulleres

2 comentarios:

Unknown dijo...

Si, é verdade, o día non é para celebracións, aínda hai que traballar moito para que as mulleres de todo o mundo poidan ter os dereitos que se merecen. Aquí en España e nos países desenvoltos xa case todo o traballo está feito, pero nos países menos desenvoltos e incluso nalgúns países xa desenvoltos as mulleres seguen tratándose mal. Por iso, penso que todos debemos colaborar neste proxecto común.

VIQUEIRA MOREIRA, Manuel 2º E.S.O B

Unknown dijo...

Eu tamén opino que non é un día para celebracións xa que ainda hai mulleres que non cobran o mesmo cos homes e temén teñen que traballar máis e cousas así. Nos países desenvoltos xa está solucionado pero o que hai que conseguir é o mesmo pero nos non desenvoltos e temos que colaborar todos.