jueves, 15 de octubre de 2009

17 de Outubro, Día Mundial de rexeitamento á Miseria

O obxectivo: erradicar a pobreza extrema e o fame

Metas para 2015:

Reducir á metade a porcentaxe de persoas cuxos ingresos sexan inferiores a 1 dólar por día.

Reducir á metade a porcentaxe de persoas que padecen fame.

A quen máis afecta a pobreza é aos nenos e nenas. Aínda que a privación grave de bens e servizos prexudica a todos os seres humanos, resulta máis ameazante para os dereitos da infancia: á supervivencia, a saúde e a nutrición, a educación, a participación e a protección contra o perigo e a explotación. Establece unha contorna que prexudica o desenvolvemento infantil de moitos xeitos: mental, física, emocional e espiritual.

Máis de 1000 millóns de nenos e nenas sofren unha grave carencia de polo menos un dos bens e servizos necesarios para sobrevivir, crecer e desenvolverse. Nalgunhas rexións do mundo a situación é peor que noutras, pero ata dentro dun mesmo país pode haber amplas disparidades: entre a poboación infantil das cidades e os medios rurais, por exemplo, ou entre os nenos e as nenas. Un influxo turístico nunha zona pode mellorar as estatísticas xerais sobre a pobreza dun país, mentres a maioría segue sendo pobre e desprotexida...

2 comentarios:

Santaclara dijo...

O máis importante para axudar a erradicar a pobreza é ser tolerantes e ter respecto hacia os demáis;

Outras soluccións serían principalmente, a educación, despois o traballo tamén, e unha mellor distribución das riquezas.








Belén Santaclara Pousada

lalocela dijo...

Se todos pomos un graniño de area, ainda que sexa un céntimo, conseguiremos que no haxa pobreza.

Gonzalo Otero Graña