viernes, 9 de diciembre de 2011

Pearl Harbor


70 anos do ataque a Pearl Harbor


O 7 de decembro de 1941 a aviación xaponesa atacou por sorpresa a base naval de Pearl Harbor en Hawaii, onde se concentraba a frota de guerra norteamericana do Pacífico.
Os buques de guerra ancorados no porto foron doado branco para os aproximadamente 360 avións de guerra xaponeses que participaron no ataque. Os norteamericanos sufriron 3400 baixas con 2300 mortes. O ataque danou seriamente o poder naval e aéreo norteamericano no Pacífico.
Non obstante, esta agresión galvanizou ao pobo norteamericano e Roosevelt conseguiu que ao día seguinte, o 8 de decembro de 1941, o Congreso aprobase a declaración de guerra contra Xapón.
A falta de previsión das autoridades militares ante un eventual ataque provocou duras críticas naquel momento. E mesmo algúns historiadores suxeriron que Roosevelt coñecía o ataque e non fixo nada por impedilo para así meter a Estados Unidos na guerra. A maioría pensa actualmente que, se ben os militares norteamericanos eran conscientes da probabilidade dun ataque xaponés, non sabían con exactitude o cando e o onde.

No hay comentarios: