Foi labrador, fillo dun próspero campesiño. Desde novo tivo vocación militar, enrolándose con 18 anos na campaña do Rosellón (Guerra da Convención, entre 1793 e 1795 ). Durante eses dous anos, ademais de aprender sobre a arte da guerra, comezou a súa animadversión cara aos franceses.
Participación na Guerra da Independencia Española (1808-1814)
A partir dese suceso organizou unha partida de guerrilleiros composta por amigos e membros da familia. En 1809 foi nomeado capitán de cabalería. Na primavera dese ano estendeu o seu campo de acción polas serras de Gredos, Ávila e Salamanca, para seguir despois polas provincias de Cuenca e Guadalajara.
En 1814, Juan Martín foi ascendido a Mariscal de Campo, séndolle concedido o dereito a asinar como El Empecinado de forma oficial.
No hay comentarios:
Publicar un comentario