sábado, 16 de febrero de 2013

Palabras de Martin Luther King: "Eu teño un soño"


Soño con que un día, nos vermellos outeiros de Xeorxia, os fillos dos antigos escravos e os fillos dos antigos propietarios de escravos poderán sentar xuntos á mesa da fraternidade. Soño con que un día até o Estado de Mississippi, un Estado abrumado pola calor da inxustiza, abrumado pola calor da opresión, transformarase nun oasis de liberdade e de xustiza. Soño con que os meus catro fillos vivirán un día nunha nación onde non se lles xulgará pola cor da súa pel senón polo contido do seu carácter. Isto é o que soño hoxe.

Preguntas:

  1. Por que consideraba que o Estado de Mississippi estaba abrumado pola inxustiza e a opresión?
  2. Que tiña que suceder, desde o punto de vista de Martín Luther King, para que ese Estado fose un lugar de liberdade e xustiza
  3. Que quería dicir que esperaba que se xulgase ás persoas polo contido do seu carácter e non pola cor da súa pel?
  4. Crees que o soño de Martin Luther King fíxose realidade? Por que?


No hay comentarios: