lunes, 1 de marzo de 2010

Ni pan, ni lumbre

Vencida a República, a represión política, a autarquía e o illamento sumiron ao noso país nun brutal retroceso económico. España tardaría 18 anos en recuperar o nivel de renda que tiña en 1936. Foron anos de fame e cartillas de racionamento. Unha España abrazada á miseria, mentres outros se enriquecían co mercado negro. A axuda americana poría fin ao illamento nos anos 50 e chegarían as grandes obras públicas, tamén as bases americanas. Habería que esperar aos anos 60 para sentar as bases dunha nova industrialización e, da man dunha bonanza económica internacional, iniciar unha etapa de crecemento, sempre condicionada pola propia natureza da ditadura franquista.

Enlace: http://www.rtve.es/mediateca/videos/20091219/informe-semanal-pan-lumbre/653293.shtml

No hay comentarios: