Se tiveses que deixar o teu
país e só puideses levar unha cousa contigo, que levarías?
Esta foi a pregunta que
Amnistía Internacional realizou a migrantes mexicanos que buscan unha vida
mellor alén da fronteira, en EE.UU, e “Calcetíns” foi a resposta dada pola
maioría deles.
Cruzan o país enfrontándose
a diversos perigos: noites á intemperie, atracos, secuestros... Con todo, unha
das cousas máis valoradas para poder conseguir o seu obxectivo son un bo par de
calcetíns.
Por que Calcetíns? A
resposta é sinxela. Trátase de elementos de pouco valor que non lles pon en
risco de roubo ou secuestro durante a súa viaxe e que ademais serían
absolutamente necesarios para protexer os seus pés durante as longas camiñadas,
que pode chegar a ser de centos de quilómetros. Calquera tipo de infección
derivada das bochas que xorden inevitablemente deste tipo de traxectos pode
significar un paro no seu camiño ou o fin do seu soño, polo que esta simple
peza téxtil pode axudarlles a conseguilo.
Como podes colaborar?
Podes enviar desde casa un
par de calcetíns ou facer unha compra online para que a oficina de Amnistía
Internacional encárguese de envialos a un albergue de migrantes.
Información campaña: http://www.mandacalcetines.org
No hay comentarios:
Publicar un comentario