A
Constitución de 1812 é un dos textos xurídicos máis importantes do Estado
español, por canto sentou as bases de constitucións posteriores. Considerada
como un baluarte de liberdade, foi promulgada en Cádiz o 19 de Marzo de 1812,
día da festividade de San José, polo que popularmente foi coñecida como “La
Pepa”. Composta de dez títulos con 384 artigos, é considerada como o primeiro
código político a ton co movemento constitucionalista europeo contemporáneo, de
carácter novo e revolucionario, que establecía por primeira vez a soberanía
nacional e a división de poderes, como dous dos seus principios fundamentais.
A
Constitución de 1812 recolle moitos dos principios fundamentais que seguen
vixentes nos nosos días. Algúns deles témolos tan asimilados que parece
incrible que noutro tempo as cousas non fosen iguais. Pero o certo é que, no
momento da súa proclamación, significaron unha auténtica ruptura co que existía
con anterioridade. É moi importante mostrar aos cidadáns que principios que
para eles son tan habituais como a liberdade individual, a liberdade de prensa,
ou a inviolabilidade do propio domicilio son dereitos que gozamos agora, pero
que se expuñan como absolutamente modernos e innovadores na Pepa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario